Viguela…
O xeo branquexa no chan,
na herba, a miúdo tamén nas almas das
xentes...
Neste caso branquexa a
carón da fonte de Viguela.
Fermoso lugar, cheo de
lembranzas e bos momentos para min…
Frío e húmido,si, pero remanso de paz para almas cálidas e
quentes corazóns.
Formas da natureza!...
Ben
parecen tartarugas buscando alimento…
Ou prezadas xoias esperando a ninguén...
Mágoa que algo tan fermoso, marabilloso e forte vaia esvaecer ata agocharse trala nai terra...